BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Venres 4 de outubro • XX aniversario da revista “Autogestión”
A
revista Autogestión cumpre 20 anos. É unha revista bimestral que quere
ser altavoz dos sufrimentos por inxustizas e tamén das loitas solidarias
no mundo.
A
revista distribúese a través de traballo militante na universidade,
rúas e prazas de España. Funciona con traballo de balde, sen subvencións
nin publicidade para garantir a súa liberdade. Son xa 20 anos de
colaborar á corrente solidaria en España.
A
tertulia-encontro contará coa participación de Antonio Gutiérrez,
xornalista, e Cristina Bandín, membro do colectivo Autogestión. Antonio
Gutiérrez analizará o papel dos medios de comunicación coas realidades
dos empobrecidos: fame, explotación, inmigración forzosa, … na charla “Medios de comunicación e xustiza social”.
Lugar: Salón de Actos, ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.