204
No Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XIII Xornadas de Fe-Cultura os días: mércores 23, xoves 24 e venres 25 de novembro ás 20:30h.
Os ponentes deste ano son:
Mércores 23:
Transformando o noso mundo desde abaixo, desde dentro e con misericordia.
D. Rubén Iglesias Pazos, Licenciado en Ciencias Políticas e ADE (Cáritas Diocesana)
Xoves 24:
Coñecendo o Deus do Antigo Testamento: rachando con prexuízos e “leyendas urbanas.” Xa verás!!
D. Ricardo Sanjurjo Otero, Licenciado en Sagrada Escritura e párroco de Campo Lameiro.
Venres 25:
Creando un mundo mellor con sabor a fraternidade e paz: A Espiritualidade Franciscana aquí e agora.
Dna. Berta Castro Álvarez, relixiosa franciscana e directora xeral do Colexio San Francisco en Vilagarcía.
La FE ofrece grandes motivaciones para el cuidado de la naturaleza y de los hermanos más frágiles.
Papa Francisco.
A semana da parroquia rematará o sábado 26, á mañá haberá reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa, na que entre outras cuestións se decidirá o eslogan e o cartel da XLIV edición.
E pola noitiña, despois da misa das 19:30h, celebraremos o Magosto Parroquial, coa actuación do noso Grupo Folclórico.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.