146
Esta fin de semana, do 25 ao 27 de abril, celebraremos en Vilagarcía a Pascua Xoven de Arousa, na súa 41 edición. Este ano estará adicada á Virxe María co lema-slogan ‘ María de Nazaret , descúbrea’.
Os responsables dos Grupos e a Coordinadora están a preparar os últimos detalles e sobre todo desexando que non chova.
Este ano a irmá Paula, da comunidade cistercense da Armenteira, será a encargada do Testimonio.
Lembramos que este ano é xusto despois de Semana Santa e non dúas semanas despois coma de costume, porque coincidiría coa ponte de Maio e o Día da Nai.