X Xornadas de Fe-Cultura. Semana da parroquia.

por

Os días 20, 21 e 22 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as X Xornadas de Fe-Cultura.


Os ponentes deste ano son: 

– Mércores 20:  Crer para vivir. Camiños de ida e volta!
                                  D. Andrós Iglesias Márquez. Diácono e mago.

– Xoves 21:        Crer para amar. En que Deus cremos? Novas linguaxes! Novos retos!
                                 D. Miguel López Varela, Doutor en Teoloxía Catequética e Pastoral.

– Venres 22:      Crer para esperar. Para que serve un Sínodo? Removendo as augas e conectados!
                                 D. Rafael Casás Salgado, Licenciado en filoloxía clásica e diácono permanente.

A
pregunta fundamental de cada home é a seguinte: Como se chega a ser
home? Como se aprende a arte de vivir? Cal é o camiño da felicidade?
Evanxelizar significa amosar este camiño, ensinar a arte de vivir. Xesús
di ao comezo da súa vida pública: “Vin para evanxelizar aos pobres” (Lc
4, 18). Isto quere dicir: “Eu teño a resposta á vosa pregunta
fundamental; eu amósovos o camiño da vida, o camiño da felicidade. Máis
aínda, Eu son ese camiño… (Eu son) o Evanxeo, a boa nova en persoa.

Joseph Ratzinger.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.
www.axunqueira.com

También te puede interesar

Deja un comentario