Un curso escolar máis, Escolas Católicas de Galicia organiza, coa colaboración da Delegación de Infancia e Mocidade das Dioceses de Galicia e con BoscoVisión e ProduCinema, a VIII Semana de Cine Espiritual, co lema “Di máis ben Creación” (palabras de Antonio Gaudí a un compañeiro cando estaba vendo a natureza na súa arquitectura da basílica da Sagrada Familia de Barcelona).
Como novidade, este ano propoñemos organizar esta actividade como un paquete que combine unha visita cultural –que debe xestionar cada centro- e a sesión de cine. Para iso, engadimos algunhas propostas.
Pincha neste enlace para velas.
Poñemos a súa disposición toda a información relativa a esta semana de cine que terá lugar no mes de novembro. As películas propostas este ano son Atrapa la bandera, para alumnos de 3º a 4º de Primaria, Little Boy para alumnado de Secundaria e Bacharelato e, na xornada de portas abertas, poderase visionar Resucitado. As proxeccións dirixidas ao alumnado irán acompañadas, como todos os anos, das correspondentes fichas de traballo, elaboradas pola editorial Edebé, que se enviarán aos colexios e que permitirán traballar distintos aspectos relacionados coa educación en valores e coa acción pastoral.
INSCRICIÓN: Para formalizar a inscrición deben remitirnos o formulario –en arquivo adxunto a (charobaleiron@escolascatolicas.es)- e presentar copia do xustificante de pagamento. No caso de que, finalmente, asistan menos alumnado que o inscrito, non se devolverá a cantidade abonada.
PRAZO: 25 outubro.