Reparto da Luz da Paz de Belén en Santiago

por

A Luz da Paz de Belén é unha iniciativa que xurdiu nos Scouts de Austria e expandiuse por todo o mundo. Unhas semanas antes do Nadal, un neno scout austriaco acende unha vela na cova onde naceu o neno Xesús, e tomando esta Luz como símbolo de Paz, distribúese por todo o mundo a través dos Grupos Scouts. Millóns de familias reciben así esta Luz de Paz, unha luz para iluminar os nosos corazóns neste tempo de ledicia polo nacemento do Mesías.
Dende fai uns anos, Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego, trae esta Luz ata a nosa terra e tenta que chegue a tódolos recunchos da nosa xeografía: asilos, parroquias, centros xuveniles, familias… Neste 2012, os maiores dos nosos grupos viaxan ata Vitoria para alí recoller a Luz e traela ata aquí.
E TI, QUERES ESPALLAR A LUZ?
Scouts de Galicia – ECG convídache a participar na eucaristía que terá lugar na Parroquia de San Fiz de Solovio (xunto ó mercado de abastos de Santiago) ás 20h do VENRES 21 de decembro, na que a Luz chegará dende Vitoria e procederemos ao seu reparto. Recorda traer algo co que transportar a Luz se a queres levar a algures, xa que as nosas velas co vento santiagués non aguantarán moito.
Así mesmo invitámosche a que a espalles no teu lugar de traballo, familia, colexio, parroquia… para que todo o mundo poida sentir o calor do nacemento de Xesús e a Paz que esta luz trae.

También te puede interesar

Deja un comentario