253
O pasado 9 de novembro os alumnos de relixión de 1º e 2º da ESO dos institutos de Vilagarcía da Arousa: I.E.S. “Fermín Bouza Brey”, I.E.S. “Castro Alobre” e o I.E.S. “Miguel Angel González Estévez“ acompañados polos seus profesores fixeron o camiño dende O Monte do Gozo ata a Catedral, para participar na misa do peregrino das 12:00h.
A pesar do frío e da choiva, tiveron unha xornada de convivencia, festa e anécdotas, que culminaron coa visita a “Galicia Dixital”. Eran 140 alumnos e 7 profesores.En camiño…Alumnos do I.E.S. Fermín Bouza Brey co Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Xulián.
Algúns dos participantes na plaza do Obradoiro.