O pasado mes de abril celebramos a 42 edición da PASCUA XOVEN de Arousa e cunha boa
sensación de ter cumplidos os obxectivos.
Neste ano subeu a participación gracias a
dous novos Grupos, un deles da diocese
de Tui-Vigo.
O sábado eramos 250 xoves.
Agora ben
o que non muda é a nosa amiga a chuvia
que xunto co frío fan un bó e perseverante matrimonio ano tras ano.
As dinámicas
de traballo e os xogos enriquecen as nosas
relacions humanas e crean un ambiente entrañable e distendido, rachando coa timidez e apatía. O resto consigueo a música e o interesante traballo do Grupo animador, un ano mais.
Os responsables son do mellorciño e con eles as edicions van amodiño pero tocando a excelencia.
A verdade é que da gusto traballar e celebrar a Fe con mozos tan positivos, xenerosos e comprometidos.
O tema deste ano axudaba xa que elixiuse a LEDICIA en sintonía co estilo-mensaxe do actual
Papa Francisco e a súa Evangelii Gaudium.
Os Faladoiros e a Testimuña que deu a irmá filipense Silvia Martínez empapounos de ilusión
e vitalidadé para
seguir cultivando
nas nosas vidas a
vocación-alegria
de vivir e amar ao
estilo de Xesus de
Nazaret.
A Eucaristía concelebrada por cinco
sacerdotes foi moi
alegre e festiva,
coma de costume,
é un dos momentos mais emotivos
de toda a fin de semana ao ”homenaxear” ao noso don Jose Aldao o párroco de Sta Mariña
Dozo de Cambados polos seus 50 anos de vodas de ouro sacerdortais que ademais é o único
que estivo nas 42 edicións pascueiras.
A colecta foi íntegra para Cáritas Interparroquial.
Moitas felicitacións a él, que xunto co párroco de Corvillon, Oubiña e San Fiz de Solobeira
están de aniversario.
Unímonos na ledicia ás súas comunidades e damos gracias a Deus pola súa entrega e bo traballo.
Noraboa!