184
Convidamos a todo o mundo a vir á conferencia de Michaël Michel que teremos o mércores 2 de marzo ás 19:30h no Salón de Actos de Ciencias da Educación (Campus Sur).
Michaël Michel vén a Galicia (A Coruña e Santiago) para abrirnos os ollos á realidade dos últimos nas sociedades “do benestar”, nas sociedades enriquecidas. Michaël é membro do Movemento Internacional Cuarto Mundo e coñece de primeira man a situación das persoas sen fogar en varios países Europeos. Paga a pena escoitar a denuncia e a proposta que nos fai.
¿ONDE? No Salón de Actos de Ciencias da Educación (Campus Sur)
¿CANDO? MÉRCORES 2 DE MARZO, 19:30H.
¡¡Non te perdas esta oportunidade!!!!