Cada ano, desde fai milleiros de anos, pobos de África, América, Europa, Asia e Oceanía achéganse a contemplar o nacemento como quen contempla toda a creación.
É certo que despois viñeron as “festas” de Nadal, os agasallos, o papa Noel de Coca cola, as luces nas rúas, as rebaixas e os Tío Vivos. Pero iso é outra historia, que pouco ten que ver co Nadal.
O que o mundo celebra en Nadal é o nacemento no pesebre. Sen Belén, non hai Nadal.