Hoxe estamos contentos porque en Santiago de Compostela está a memoria e o legado de Iqbal Masih. Así que INAUGURAR ESTA PRAZA é sobre todo unha gran responsabilidade para os que hoxe estamos aquí. Iqbal Masih é unha testemuña para toda a mocidade do mundo. El entendeu que dende a asociación permanente é posible a loita pola xustiza. Entendeu cousas que nos costan tanto traballo entender na nosa sociedade, como que para erradicar a escravitude infantil HAI QUE FACER TODO O NECESARIO. Hai que liberalos pero sobre todo hai que esixir que politicamente se tome a determinación de erradicar a escravitude infantil. El denunciou a empresas, gobernos, países, ás sociedades que miramos para outro lado… e claro! Iso custoulle a vida. A loita de Iqbal Masih nada ten que ver con tranquilizar as nosas conciencias, nada ten que ver con facer un acto custoso, nada ten que ver con dicir POBRIÑOS!!! Nada ten que ver con paternalismos, con “axudas”… A súa tarefa non tivo salarios e os seus premios dedicounos á loita.
A loita de Iqbal Masih e da súa organización ten que ver coa DIGNIDADE dos nenos. Por iso facían manifestacións, pancartas, daban mítines ante autoridades, empresarios, gobernos… non eran situacións doadas pero ERA NECESARIO. Se imos por aí, se imos por ese camiño… estaremos recollendo o legado de Iqbal.
INAUGURACIÓN DA PRAZA “IQBAL MASIH”
849