ESTA SEMANA: ACTOS CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL.

por

ACTOS CONTRA AS CAUSAS DA ESCRAVITUDE INFANTIL

No XXI Aniversario do asasinato de Iqbal Masih, seguimos celebrando a súa pegada na historia e na loita contra a escravitude infantil:

Este ano convidámosvos a:

15 de ABRIL:

Obradoiros con mozos de Compostela para coñecer e difundir a vida de Iqbal Masih.
Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Acto público na Quintana, homenaxe ao neno paquistaní.

16 de ABRIL:

UTOPÍA, unha obra de Tomás Moro, interpretada pola Compañía Zeroalaizquierda.

Neste ano 2016 cúmprense 500 anos da primeira publicación da Utopía de Tomás Moro. 

Queremos achegarnos á utopía aínda máis.

¿Onde? Centro Sociocultural de Vite. ¿Cando? Sábado 16 de Abril de 2016, 19h. Entrada de balde ata completar aforo.

E tamén:
Libros, revistas e cultura solidaria en diversos postos pola cidade de Santiago de Compostela.

Agardamos que colaboredes!!!
16 DE ABRIL: 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL.

También te puede interesar

Deja un comentario