Escribo estas liñas para invitarvos a un diálogo sobre a situación do traballo hoxe á luz da Doutrina Social da Igrexa, en concreto, da Laborem Exercens. Pensamos que é bo crear foros onde poidamos reflexionar sobre a situación actual e dar unha resposta como cristiáns. Así que por iso facemos a proposta.
Concretamente:
Diálogo con Eugenio Rodríguez. Sacerdote diocesano e militante do Movemento Cultural Cristián. Máster en DSI.(Media hora de exposición e media hora de coloquio)
Datas posibles no mes de febreiro: mércores 15 pola tarde (a partir das 20:30h xa o ten ocupado), xoves 16 (horario dispoñible todo o día), venres 17 pola mañá. Máis adiante haberá outras datas dispoñibles.
O xoves 16 de febreiro ás 18:30h xa hai un grupo na biblioteca da Casa de Cultura e Solidariedade (RÚA DO HOME SANTO 47 BAIXO).
Se vos interesa para algunha reunión ou foro… podedes solicitalo a través do mail da casa de cultura e solidariedade ou no teléfono de Teresa 630 115 130. http://galiciasolidaria.blogspot.com/2012/01/dialogo-con-eugenio-rodriguez.html
Unha aperta e esperamos que sexa do voso interese.
DIÁLOGO CON EUGENIO RODRÍGUEZ
228