DECEMBRO: Campaña pola Xustiza nas Relacións Norte – Sur.

por

“A pinga abre a pedra, non pola súa forza, senón pola súa constancia” (Ovidio)

Escribimos para comentarvos os vindeiros actos nos que estamos traballando. Queremos compartir con vós estas posibilidades de diálogo, encontro e loita solidaria. Como sabedes, a Campaña pola Xustiza nas Relacións Norte – Sur, que se realiza desde fai 25 anos, ten un  momento especial agora en decembro e estes son os actos que realizamos aquí en Galicia.

COMPOSTELA. XOVES 11 DE DECEMBRO, 19H. BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL. TEATRO SOCIAL: “ESCRIBO SOBRE TI PARA VENCERTE” por Silvia Rumeu da Compañía TeatroZero. Entrada libre.
Silvia Rumeu presenta este traballo de TeatroZero para falarmos do medo a vivir, a loitar, a sentir… a ¿? Vén a velo… para descubrilo.


A CORUÑA. SÁBADO 13 DE DECEMBRO.

MAÑÁ E TARDE NAS RÚAS DE A CORUÑA (RIEGO DE AGUA, BARCELONA, CANTÓN GRANDE)
13H. ACCIÓN EN SOLIDARIEDADE COS INMIGRANTES NA RÚA BARCELONA.
19H. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME EN RIEGO DE AGUA.

COMPOSTELA. MÉRCORES 17 DE DECEMBRO, 20H. CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE (RÚA DO HOME SANTO 47, BAIXO). RELATORIO: “MEDIO SÉCULO DE COOPERACIÓN HUMANITARIA ¿AXUDA OU ANTI- AXUDA?”. Por IÑAKI ZABALA, Coordinador da Unión Europea da cooperación ao desenvolvemento en Ruanda (1995) e Eritrea (1999).

COMPOSTELA. SÁBADO 20 DE DECEMBRO.
MAÑÁ E TARDE NAS RÚAS DE SANTIAGO (PORTA FAXEIRA, ORFAS, XENERAL PARDIÑAS).
17:30H. QUEDAMOS NA PZA DE PRATERÍAS. ACCIÓN PLÁSTICA CONTRA A FAME.
19:00H. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME EN PORTA FAXEIRA.

Para informarte de detalles, non dubides en chamarnos ou escribirnos.

Graciñas e Bo Nadal!!!
 
PD: agradecemos difusión.

También te puede interesar

Deja un comentario