A Cruz dos Xóvenes en Carballo, unha chama olímpica

por Depasxuventude

Chegou onte á Carballo a Cruz da Xuventude, que vén anunciando polas diversas dioceses españolas a Xornada Mundial da Xuventude.
A Cruz, iniciativa de Xoán Paulo II, vén a unha terra de cruceiros como é Galicia. Por iso entendemos ben a mensaxe do símbolo cristián. Tamén a xuventude, tempo de florecemento de ilusións e esperanzas, ten que saber que é preciso o dominio de un mesmo para afroxar carácter fronte a un mundo que parece ofrecer só lascivia e permisividade.
Xoán Paulo II levaba no seu escudo unha cruz que n0 brazo esquerdo, máis longo, acobellaba a referencia explícita a María Santísima.
A Cruz que estivo onte en Carballo traía canda ela un Icono de Santa María, que en Roma chaman Salus Populi Romani, porque a esa imaxe de Nosa Señora que garda a basílica maior de Santa María, en moitas ocasións difíciles para a urbe, foron os romanos buscar acougo en María.

Estivo a Cruz en Fisterra, promontorio moi nomeado nas fontes históricas da romanización. Agora vai para A Coruña onde o faro romano recolle lendas dos tempos antergos.
Así foi nos primeiros séculos.

A Cruz veu cristianar un mundo pagano. Queira hoxe ela fornecer a Fe da mocidade, nenos, adultos e anciáns.
Que moito o precisamoshttp://parroquiacarballo.blogspot.com/http://parroquiacarballojovenes.blogspot.com/

Montaje realizado por: Sergio García ManceboParroquia San Juan Bautista Carballo

También te puede interesar

Deja un comentario