158
BASES 1.- CONVOCATORIA Por mor da celebración da Xornada de Infancia Misioneira 2017, baixo o lema “Sígueme”, Obras Misionales Pontificias e o Secretariado de Infancia Misioneira convocan, diante das festas do Nadal de este 2016, un concurso de christmas, que recolla a visión dos nenos sobre o Nadal.
O concurso consiste no deseño dunha tarxeta con motivos do Nadal
Premiarase a orixinalidade e a beleza da mesma
2.- NORMAS-
O concurso terá dúas fases: diocesana e estatal.- Poderán presentarse nenos de entre 6 e 12 anos.- O tema dos christmas será o Nadal, terase en conta tamén o lema da Xornada da Infancia Misioneira: “Sígueme”.- Cada participante poderá presentar tan só un christma.- O debuxo realizarase nunha cartolina branca, tamaño cuartilla, evitando os deseños en relevo para facilitar a edición dos traballos premiados.- Poderán utilizarse os materiais de pintura ou debuxo que prefira o neno autor (lapis de cores, ceras, acuarela, témperas, etc..).- Nas tarxetas do Nadal farase constar: nome do participante, idade, dirección, e no seu caso, colexio ou freguesía na que participa.- Todos os christmas presentados no concurso diocesán poderán ser expostos na Delegación de Misións, así como na Dirección Nacional das Obras Misionales Pontificias.
3.- PRESENTACIÓN
O prazo do concurso comeza o 24 de outubro.- Os christmas deben presentarse, na fase diocesán, na Delegación de Misións correspondente, ata o día 20 de novembro. Farase o envío por correo postal a: (Obras Misionales Pontificias, Rúa da Acibechería, 21 – 15704 Santiago de Compostela).Sinalando no sobre “Concurso de christmas de Infancia Misioneira”.- Os orixinais deben presentarse sen dobrar, sendo recomendable realizar o debuxo nun tipo de papel algo groso.- Un xurado diocesán elixirá dous gañadores, que teran dereito a participar na fase estatal.- As delegacións de Misións farán o envío dos dous christmas gañadores da primeira fase diocesán, por correo postal, á Dirección Nacional das OMP, do 21 ao 27 de novembro, para tomar parte na fase estatal.- Do 28 de novembro ao 4 de decembro, nesta fase estatal, un xurado composto por cinco membros elixirá o christma gañador do concurso, e, tamén un segundo e terceiro premio; o veredicto darase a coñecer o día 5 de decembro de 2016.-O resultado da votación, na fase estatal, publicarase na páxina web das OMP (www.omp.es).
4.- PREMIOS-
Todos os participantes na fase estatal recibirán un diploma da Secretaría Xeral da Obra Pontificia da Infancia Misioneira.- O autor do christma gañador recibirá un ordenador portátil como premio.- O segundo e terceiro premio recibirán un libro electrónico.- O debuxo gañador poderá empregarse como felicitación das Obras Misionales Pontificias deste Nadal 2016. 5.- CONDICIÓNS LEGAIS- A participación supón aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado.- Obras Misionales Pontificias reservase todos os dereitos sobre as obras presentadas para o seu posterior uso.- Os debuxos dos premiados non se devolverán, polo que se recomenda aos autores quedar cunha copia.
Descargar: (ACROBAT-pdf) (Google Drive ACROBAT-pdf)
Descargar: (ACROBAT-pdf) (Google Drive ACROBAT-pdf)