CARTA PARA CONVIDARTE… ESTE SÁBADO E O SEGUINTE

por

Queridos amigos: Fai 30 anos, no “Manifesto contra o holocausto da fame” asinado por máis de cen homes e mulleres laureados co premio Nobel, dicíase que rematar coa fame é unha decisión política, pois hai alimentos e posibilidades de desenvolvemento para o dobre da poboación mundial. Hoxe, 30 anos despois, a fame segue a ser o maior problema da humanidade, o maior holocausto da historia. Actualmente máis do 80% da humanidade pasa fame porque a fame é un negocio, igual que o é a existencia de máis de 400 millóns de nenos escravos e de mási de 1500 millóns de parados. Nestes intres que o paro é sangrante na nosa sociedade, corremos o perigo de mirar só para o inmediato e perder a perspectiva mundial. A Marcha de Nadal á que vos convocamos é unha ollada a un mundo en guerra que provoca o roubo de inmigrantes dos países empobrecidos e o roubo dos nosos mozos a países onde hai máis emprego. É o mesmo roubo. É a mesma loita. Con máis de 5 millóns de parados en España, non hai liberdade, non hai democracia. Con 400 millóns de nenos escravos sostendo a nosa economía , non hai democracia, non hai liberdade. Convidamos pois a unir a túa voz á corrente solidaria en marcha na historia:

SÁBADO 10 DE DECEMBRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA. PERCORRIDO POR LUGARES SIGNIFICATIVOS DA NOSA CIDADE EN RELACIÓN COA SITUACIÓN DA FAME NO MUNDO. ÁS 12:30H A MARCHA SAIRÁ DA PZA DO TOURAL. LOGO DUN PERCORREDIO REMATAREMOS O ACTO NA MESMA PZA. TODO O ACTO DURARÁ 1H APROXIMADAMENTE.
EUCARISTÍAS POLA XUSTIZA. 19H E 20H. PARROQUIA SAN FERNANDO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) SÁBADO 17 DE DECEMBRO. A CORUÑA. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME, O PARO E A ESCRAVITUDE INFANTIL EN RIEGO DE AGUA. 19H.

Unha aperta,
Yolanda Gómez.

También te puede interesar

Deja un comentario