184
A cuadraxésimo primeira edición da Pascua Xoven Arousa arranca este sábado 28 de setembro ás 11h. na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira coa primeira reunión do Secretariado.
Os responsables dos grupos participantes reuniranse para avaliar a edición pasada e deseñar o calendario de actividades e reunións desta nova andaina.
Achégate e aproveita para mercar o disco “Grazas” que se presentou o pasado 13 de abril con motivo da XL Pascua Xoven Arousa.
Portada e contraportada do disco “Grazas” da Pascua Xoven Arousa.
Recorda que este cd non ten prezo, o prezo posllo ti. O que se recaude irá para proxectos de Cáritas.
Podedes rememorar algúns momentos da XL Pascua Xoven Arousa nesta galería:
Agardámoste!