38º Edición Pascua Xoven

por

Esta fin de semana, do 6 ao 8 de maio, celebrouse en Vilagarcía de Arousa a 38º Edición da Pascua Xoven de Arousa. A parroquia encargada de coordinar e acoller a todos os mozos que veñen da diocese é A Nosa Sra. da Xunqueira de Vilagarcía. Neste ano reflexionaron e traballaron nas dúas Fases (Catequeses) sobre o tema da Pobreza.
O slogan do encontro era: “E ti tes para comer?” Con chuvia pero con moita música e dinámicas de traballo, os mozos comprometéronse a poñer o seu graniño de area a prol dunha sociedade máis igualitaria e xusta.A testemuña este ano a deu o xoven profesor e músico de Vigo J. Manuel Escudero que contou aos pascueiros a historia da reciente canonizada Madre Cándida, fundadora das Xesuitinas, e do musical Juanitatxo. Á Eucaristía do sábado de noite, non faltou o fundador deste encontro xuvenil: don Jaime Vaamonde Souto, actual párroco de Sta. María A Maior de Pontevedra; tamén concelebraron o cura de Cambados, o delegado de Pastoral Xuvenil e o párroco da Xunqueira.

También te puede interesar

Deja un comentario

Este sitio utiliza cookies de Google para prestar sus servicios y para analizar su tráfico. Tu dirección IP y user-agent se comparten con Google, junto con las métricas de rendimiento y de seguridad, para garantizar la calidad del servicio, generar estadísticas de uso y detectar y solucionar abusos. Aceptar Más información

Privacy & Cookies Policy