O 16 de abril de 1995 asasinaron a Iqbal Masih, un neno cristián que loitou asociadamente contra a escravitude infantil. O 16 de Abril mataron a Iqbal Masih… inmediatamente os seus amigos saíron á rúa a denunciar o asasinato de Iqbal… milleiros de nenos escravos saíron ás rúas… Inmediatamente houbo quen en Canadá coñeceu a súa historia e tivo que viaxar a Pakistán… Inmediatamente houbo un vello militante que vendo unha nova “pequenísima” no xornal… lanzou unha Campaña contra as Causas da Escravitude Infantil en España. Os vasos comunicantes tamén funcionan para a solidariedade. Quen coñecía a historia de Iqbal e da súa loita asociada xa non podía dicir que non se podía facer nada… Iqbal foi un neno escravo, empobrecido, enfermo, analfabeto, cristián nun país musulmán… e foi tamén un neno que apuntou e denunciou directamente a empresas escravistas, a gobernos cómplices, a organismos internacionais… Case inmediatamente do seu asasinato… centos de asociacións no mundo, libros de texto, estatuas, folletos informativos, cómics, películas… contaron a historia de Iqbal. A CULTURA É IMPORTANTÍSIMA para as pobos, para loita pola xustiza. Non é igual que Iqbal forme parte da nosa cultura, da cultura de Santiago de Compostela, que que non forme parte dela… que os nosos nenos non coñezan a Iqbal e coñezan a Casillas. Non é igual. Non é igual que un pobo fora capaz de resistir pacíficamente na Praza de Tahrir en El Cairo… á situación anterior, na que non o fixeran. Non é igual a capacidade de retomar a loita solidaria dese pobo. Iso forma parte da súa historia, da súa cultura. Hai millóns de nenos como Iqbal Masih, nenos conscientes, nenos asociados, nenos sindicados, nenos loitadores… que non piden esmolas, nin asistencialismo, nin a axuda dos bos e dos listos… que esixen VERDADE e XUSTIZA. Que queren solidariedade. Omaira Brito é venezolana. Con 6 anos asumiu o coidado dos seus irmáns pequenos porque estaban orfos. Dous nenos guineanos deixáronse a vida por traer unha carta a Europa denunciando a situación da infancia africana. Hai nenos en Brasil e Arxentina que percorreron centos de km para denunciar o crime da fame e a escravitude infantil. Hai nenos en Asia encabezando manifestacións contra a escarvitude. Hai nenos en Norteamérica que coa súa conciencia política sacaron á luz as vengonzas de empresas explotadoras. Hai nenos en España que conseguiron co seu esforzo estatuas e rúas de Iqbal Masih. Se queres apoiar a loita de Iqbal Masih vente ESTE SÁBADO 16 DE ABRIL ÁS 19H Á PRAZA DO TOURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. ¡¡¡Agardámoste!!!!!!
16 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL
34