Un cento de escolares denunciaron que hoxe no mundo hai 400 millóns de nenos escravos. A través de performance, estatuas e murais falaron das causas políticas e económicas deste problema e tamén da vida de Iqbal Masih como testemuña de loita solidaria.
No acto estiveron alumnos dos centros: Juventud, Vilas Alborada, Seminario Menor, IES Antón Fraguas e IES Xelmírez II.
Na foto vemos a placa a Iqbal Masih. Esta praza foi inaugurada o 16 de Abril de 2012 e os veciños de Santiago estamos comprometidos en manter o legado de Iqbal Masih e a loita de tantos nenos no mundo.
Día de alegría e esperanza. Día de solidariedade.
Graciñas a todos!