XXXIX Pascua Xoven Arousa

por

A XXXIX edición da Pascua Xoven Arousa terá lugar a próxima fin de semana, do 20 ao 22 de abril, no colexio filipense “Sagrada Familia” de Vilagarcía de Arousa.

Baixo o lema “¿E ti que sentes?” centos de xóvenes reuniranse, a partir do venres, 20 de abril, pola tardiña para reflexionar, debatir e orar.
E todo iso como xa é costume, apoiado coa boa música e bo estilo xuvenil.

O sábado 21 de abril tras a comida compartida teremos os Faladoiros que este ano serán:

– Acompañando e convivindo coa mocidade de hoxe. Menos palabras e máis corazón. Joaquín Chaves (catequista)

– Polo Yoga a Xesús de Nazaret. Aprendendo e Desaprendendo no camiño interior. Devi Dejivi (logopeda)

– E se falta a música? Con ela aprendín a ser máis feliz. Borja (pascueiro)

– Eu quero ser crego nestes tempos. ¿É posible ser feliz no sacerdocio ministerial? Andros Iglesias (seminarista)

O Testimonio desta 39 edición correrá a cargo do músico Migueli.

E para finalizar, o domingo 22 de abril, a Asamblea aprobará un manifiesto que este ano se enviará a diversas ONGs.

A parroquia de A Nosa Sra. da Xunqueira de Vilagarcía é a coordinadora do encontro.

También te puede interesar

Deja un comentario