Os días 26, 27 e 28 de Abril celebrouse en Vilagarcía de Arousa a Pascua Xoven na súa 46 edición.
O
tema deste ano era o acompañamento; en sintonía co Sínodo dos Xóvenes
e coas liñas de traballo da nosa diocese, os mozos pascueiros
reflexionamos e rezamos. Queremos sentir e saborear a Presenza de Xesús,
que nos acompaña noite e día, amándonos, coidándonos e guiándonos por
camiños de ledicia e vitalidade. E para iso contamos co gran traballo
dos Animadores e Responsables e a boa calidade dos músicos.
Unha fin de
semana a tope e marabillosa para todos os Grupos que participaron. Os
momentos favoritos foron o Testemuño que deu o cantautor e excelente
comunicador Álvaro Fraile (un crak!!!!! espectacular!!!!) e a Eucaristía
que rematou ás 2.30h da madrugada, unha celebración superdinámica e
alegre que non deixa a ninguén indiferente.

Dá gusto ver aos curas tan
animados e en sintonía coa xuventude, ata o párroco de Cambados que é o
unico que participou nas 46 edicións desta experiencia cristián única en
todo o estado español. Grazas pola constancia ininterrumpida nestas
case xa 5 décadas.