282
Estes mércores 19, xoves 20 e venres 21 de novembro ás 20:30h. No Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XI Xornadas de Fe-Cultura.
Os ponentes deste ano son:
– Mércores 19: O Cristianismo ten futuro? Socioloxía da realidade galega.
D. Luis Cuntis Docampo, Licenciado en Historia e Sociólogo.
– Xoves 20: Curando feridas e abrindo camiños: Desafíos actuais na parella.
D. Luis Manuel García Bernadal, Doutor en Teoloxía.
– Venres 21: Estilo e Programa do Papa Francisco á luz de Evangelii Gaudium.
D. Manuel Longa Pérez, Doutor en Filosofía.
A
Igrexa «en saída» é unha Igrexa coas portas abertas. Saír cara aos
demais para chegar ás periferias humanas non implica correr cara ao
mundo sen rumbo e sen sentido. Moitas veces é máis ben deter o paso,
deixar de lado a ansiedade para mirar aos ollos e escoitar, ou renunciar
ás urxencias para acompañar ao que quedou ao costado do camiño. Ás
veces é como o pai do fillo pródigo, que queda coas portas abertas para
que, cando regrese, poida entrar sen dificultade.

Evangelii Gaudium
Papa Francisco.
Papa Francisco.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.