Xa temos cartel da Pascua Xoven Arousa 2021!

 Xa temos cartel na Pascua Xoven Arousa
para esta nova andaina 2020-21.

 Xa levamos tres reunións celebradas, unha
presencial e dúas on line para ir perfilando o encontro deste curso. Neste mes
estamos traballando a Fase (documento de reflexión e catequético) para resetear
os nosos estilos e modos de vida. Ademais estamos deseñando
  o  cancioneiro deste curso que é un dos pratos fortes da nosa Xuntanza. 

Oxalá
que tamén os mozos das nosas parroquias aprendamos deste drama a ser máis
unidos ,responsables, cívicos e fraternos. Hai tanto que resetear no noso mundo
interior, que non podemos deixar de rezar e actuar.

Bo Advento e Feliz Nadal a toda a nosa diocese!

También te puede interesar