Hoxe celebrouse na parroquia da Xunqueira a última reunión do secretariado da Pascua Xoven, como vén sendo habitual tódolos últimos sábados de mes. Este encontro, clave para ultimar os detalles organizativos da edición número 52 deste evento, contou cunha importante presenza. O vicario episcopal de pastoral, Don Javier Porro, que acompañou aos participantes durante toda a mañá.
Dende a organización, fixeron un chamamento a tódolos grupos da diocese para que se sumen a esta convivencia, que terá lugar entre os días 25 e 27 de abril en Vilagarcía de Arousa. As actividades, que se celebrarám no colexio das Filipenses, promete ser unha experiencia enriquecedora de comunidade e fe.
Esta edición, que marca máis de medio século de tradición, representa unha cita imprescindible no calendario pastoral da zona, convocando a mocidade a participar nunha celebración que une espiritualidade, formación e fraternidade.