Chegadas as datas de Nadal,e tendo presente que nos días de frío e escuridade é Cristo quen nace para ser o noso calor e a nosa luz, pensamos que é fermoso convertirnos por un día en reflexo do seu resplandor, e quen mellor que os nenos e nenas para iso?.
Por iso nos alegramos de convocar a todos eles, xunto cós seus pais, profesores e catequistas para cantar e contar que Cristo nace para toda a humanidade, incluso para os nosos veciños e para nós mesmos.
A convocatoria está programada para o día 17 de decembro:
- Na Coruña será na parroquia de Santa Lucía ás 16:00
- En Pontevedra ás 11:00 no Santuario da Peregrina
- En Santago, na Praza da Inmaculada ás 16:00 e celebración da Luz da Paz de Belén ás 18:00 na Igrexa de San Francisco.
Todas as actividades concluirán con unha breve celebración da Luz e a entrega dun recordatorio da xornada a cada participante.
Calquera dúbida podes dirixila a:
misiones-santiago@omp.es
David Álvares Rodríguez
Delegación de MIsións Santiago de Compostela