Scouts no I Encontro Diocesano de Nenos

por

Hoxe celebrouse o
I Encontro Diocesano de Nenos, e os scouts católicos, como movemento de Igrexa que
somos, non quixemos perdernos a oportunidade de participar.
Un total de 24
responsables dos seis grupos scouts da diocese trasladámonos ata a capital
galega para dirixir e coordinar parte das actividades do encontro. Pola mañá,
os preto de 800 rapaces que participaron na xornada dividíronse en catro grupos
que foron rotando por distintas actividades. A dos scouts foi unha delas, unha
gymkhana con dez probas nas que os nenos puideron coñecer e poñer en práctica
distintas habilidades e principios scouts como a cooperación, o coñecemento da natureza,
as habilidades coas técnicas, etc.

Tras a comida no
seminario menor, chegou a quenda das actividades da tarde. Neste caso tratábase
de que os nenos, divididos desta vez en oito grupos, coñecesen distintas
figuras de santos ou personaxes importantes para a Igrexa. Os scouts
encargámonos neste caso de presentar a figura do noso fundador Baden Powell,
para o cal preparamos un teatriño no que lles achegamos ós rapaces algúns dos momentos
e anécdotas máis salientables da vida do Xefe.

Unha vez rematada
esta actividade, xuntámonos todos de novo para camiñar ata a catedral, onde
tivo lugar unha eucaristía oficiada por Don Julián na que os principais
protagonistas foron os nenos. Decorando a catedral estivo o mural coas leis
scouts que compuxeron os rapaces durante a actividade da mañá, deixando así a
nosa pegada na clausura do I Encontro Diocesano de Nenos.

También te puede interesar

Deja un comentario