Remata a Pascua Xoven de Arousa na súa 51º edición cun gran ambiente festivo e reivindicativo. Baixo o lema deste ano, os pascueiros e os seus responsables reflexionaron sobre como a Igrexa acolle e acompaña ás persoas, a todas as persoas e a cada persoa en particular, facendo propias aquelas palabras proféticas do Papa Francisco na JMJ de Lisboa 2023 sobre a acollida a todos a todos, a todos…
Con boa música e unha FASE ben documentada na Biblia e na psicoloxía e antropoloxía actual, o reto faise ata doado para os máis mozos. Ademais, na tarde do sábado contamos coa presenza do noso arcebispo, que foi un dos protagonistas dos Faladoiros. Agora toca facer avaliación o sábado 11 de maio na Xunqueira e mirar xa para a 52º edición. FELICES PASCUAS!!!!