No curso de música da diocesis de Santiago, tamen participan xente das diocesis veciñas, Tui-vigo, Lugo,…e un lugar de encontro e de compartir, este sábado Patricia, Yolanda e Fernando da diocesis de Lugo, nos invitan o seguinte:
PEREGRINACIÓN… de mozos
Convoca en la diocesis de Lugo:
- Vicaría de coordinación Pastoral
- Delegación do Camiño
- Delegación Pastoral Universitaria
- Delegación Mocidade
HORARIO DA XORNADA11:30 ACOLLIDA. Explanada carretera vella Rodeiro-Chantada.12:00 PEREGRINACIÓN14:00 EUCARISTÍA15:00 XANTAR16:00 TEMPO DE LECER (actividades)Teléfonos de contacto:982.227.705 Suso982.252.247 YolandaNON ESQUEZAS LEVAR…Calzado cómodo para camiñar, Bocata e auga, Chuvasqueiro, …¿QUE É PEREGRINAR?Peregrinar significa saír de nós mesmos, sair das nosas casas, das nosas parroquias, dos nosos pobos e cidades.
Peregrinar é poñerse em camiño. Pero peregrinar non é só anda-lo camiño, senon facer o camiño “por” ou “para algo”.
As persoas, na vida, somos peregrinos:Seres em busca de nós mesmos, da nosa propia identide e da transcendência. No fondo, a peregrinación sempre é relixiosa.
Peregrinar é sair ó encontro de Deus, que é quen nos orienta no camiño da vida; um Deus que se nos manifesta a través dunha serie de valores que iremos descubrindo nesta peregrinación:
- A través do cansancio e da fatiga
- A través do pouco, das privacións e das carências. Tamén se pode vivir com poucas cousas.
- A través do silencio, do ruído das nosas pisads nun camiño universal e milenario.
- A través dos outros peregrinos-compañeiros: na sua cercania, no seu falar, no seu conversar.
- A través da arte, da xente e da língua desta nosa terra…Galicia.
- A través do descubrimento e do encontro cun mesmo.
