por
PAZ A VOSOUTROS
Do Evanxeo de Lucas (10: 1 – 12, 17 – 29)

El Señor designó a otros setenta y dos y los mandó por delante, de dos en dos, a todos los pueblos y lugares a donde pensaba ir él. Y les decía: “La mies es abundante y los obreros pocos; rogad, pues, al dueño de la mies que mande obreros a su mies. Poneos en camino. Mirad que os mando como corderos en medio de lobos. No llevéis talega ni alforja ni sandalias; y no os detengáis a saludar a nadie por el camino.
Cuando entréis en una casa, decid primero: “La Paz a esta casa”, y si allí hay gente de paz, descansará sobre ellos vuestra paz; si no, volverá a vosotros. Quedaos en la misma casa, comed y bebed lo que tengan, porque el obrero se merece su salario. No andéis cambiando de casa. Si entráis en un pueblo y os reciben, comed lo que os pongan, curad a los enfermos que haya y decir: “Está cerca de vosotros el Reino de Dios”
Cuando entréis en un pueblo y no os reciban, salid a la plaza y decid: “Hasta el polvo de vuestro pueblo que se nos ha pegado a los pies, nos lo sacudimos sobre vosotros. De todos modos, sabed que está cerca el Reino de Dios” Os digo que aquel día será más llevadero para Sodoma que para ese pueblo.
Los setenta y dos volvieron muy contentos y le dijeron:
– Señor, hasta los demonios se nos someten en tu nombre.
Él les contestó:
– Veía a Satanás caer del cielo como un rayo. Mirad: os he dado potestad para pisotear serpientes y escorpiones y todo el ejército del enemigo. Y no os hará daño alguno. Sin embargo, no estéis alegres porque se os someten los espíritus; estad alegres porque vuestros nombres están inscritos en el cielo.

O Evanxeo de hoxe invítame a compartir con vós as miñas inquedanzas e as miñas esperanzas. Comezo coa análise do texto.

Contemplando a situación
Nos anos de Herodes Antipas, entre o 4 a.C. e o 39 a.C., ó servizo do sistema mercantil de Roma, produciuse a maior revolución social de Galilea: gran parte dos antigos propietarios perderon as súas terras e quedaron sen traballo. Por iso, creceu a inestabilidade política e moitos empezaron a pensar que non había outra solución: ou a morte ou a guerra. Neste contexto enténdese o proxeto de paz de Xesús, una paz que xurde e se extende desde o mesmo texido social duns campesinos galileos que se alzan activamente, sen armas, coa vida e coa palabra, en contra dunha oligarquía comercial e militar de funcionarios e cortesáns de Antipas.
A paz que ofrece Xesús neste Evanxeo non é de tipo espiritualista, nin formalista. Os enviados de Xesús van por Galilea coma promotores dunha paz activa, en contra dos que colaboran con Roma no eido militar, pero tamén en contra daqueles que se rebelan pola forza. A súa mensaxe é a paz mesiánica. Ofrecen a paz social, política, económica coma signo e expresión do Reino que virá. Pero os enviados de Xesús non eran os únicos. Roma tamén quixo actuar coma pacificadora, tamén os reis herodianos e os sacerdotes querían ser garantes da paz, pero unha paz do sistema, para beneficio dos funcionarios e comerciantes. Sen embargo, a paz de Xesús é diferente. Xesús enviou ós seus discípulos casa a casa, coma portadores dun proxeto de paz, nunha situación pre-bélica, sen seguridade externa: sen cartos, sen armas, sen garantías xudiciais. Os seus mensaxeiros eran precisamente aqueles pobres que foran expulsados dos grandes proxetos da pax romana.
Precisamente porque non teñen absolutamente nada, poden ofrecer a paz, presentando un proxeto de pacificación para Galilea e, de feito, para todo Israel, un proxeto de paz concreta, que debía ir crecendo desde abaixo, un camino social de transformación que xurde da tradición israelita e que non empeza coa toma de poder, nin coa destrucción dos adversarios, senón coa mensaxe e o testemuño duns campesinos desposuídos, que levan o seu ideal por aldeas e pobos.
Pero este Evanxeo tamén é, probablemente, un resumo de varias doutrinas, instruccións de Xesús pronunciadas en diversas ocasións, reunidas aquí co pretexto da misión dos setenta e dous discípulos. Destacan varios temas:
– O encargo mesmo de Xesús, a elección de persoas que sexan, como el mesmo, anunciadores da Boa Noticia
– A misión en pobreza e o risco da misión
– A transmisión ós discípulos do poder de Xesús

Coma se presente estivera
Véxome nesta pasaxe con certo medo. Estou entre eses 72 discípulos ós que Xesús envía de casa en casa a levar a paz do Señor. Imaxino os fogares, imaxino o medo das persoas ante a situación, tamén ós romanos entrando en combate pola forza, marxinando ós galileos que morren de fame. E aí quedo tranquilamente, deixando que o meu corazón sinta por dentro esa situación. Non hai nada que levar porque non teñen nada, só medo. Imaxino a Xesús falando, animando, pacificando coa súa palabra, o seu ton de voz, os seus xestos, a súa mirada… Vexo ós campesinos de casa en casa, entrando con ilusión, falando de paz, e, ás veces, saíndo cos ollos cheos de lágrimas. Quizais algún destes campesinos se desilusionaban e preferían chegar á paz polas armas, quizais outros voltaban onde Xesús para “protestar” pola falta de “froitos”. Pero seguro que alguns outros deixaban ese regazo de paz para seguir co descurrir da vida.
Esa é a misión dos discípulos, levar o Reino de Deus, a Boa Noticia, a Paz. Foron elexidos e foron enviados. Xesús tamén foi elexido e tamén foi enviado. A misión de Xesús é a nosa misión.

Reflectindo na miña vida e falando con Xesús de amigo a amiga
Son elexida por ti, Xesús. O meu corazón vibra por dentro cada vez que apareces ó longo do día lembrándome o por que da miña vida. Pero ¿como estou a levar a túa paz no mundo no que vivo? ¿A paz na miña familia? ¿A paz na miña comunidade? ¿A paz no meu traballo? ¿A paz cos xornalistas? ¿A paz cos sacerdotes? ¿Cales son eses signos de paz que levas en min?
Sinto que me dis: “Estou contigo”, “ESTOU”, “CONTIGO”. E quero respostar o mesmo: “ESTOU”, “CONTIGO”, “PARA SEMPRE”. É complicado, Señor. Na miña vida existe a cara e a cruz. Na cruz descubro o meu egoísmo, a miña falta de paciencia, esa impaciencia que fai que moitas veces “salte” á primeira. Na cruz está a miña cabezonería, o xulgar a primeira vista, o centrarme en min; o non querer os riscos, o buscar os froitos xa, agora mesmo. E na cara están todos os meus desexos de seguirte, de amarte na mesma cruz; está a miña comprensión, a tranquilidade que me vai dando a vida. Ás veces, Señor, a cruz é máis forte; outras, a forza está en Ti.
Quedo en silencio, porque Xesús, nuns Exercicios, foi curando paseniñamente as feridas dos meus pés. E hoxe, despois de anos, segue a curar as feridas da miña vida.
Penso na nosa sociedade, na falta de paz. ¡¡¡CANTA FALTA DE PAZ!!! E mesmo nesta cidade de Santiago. Imos polas rúas sen sonreír á xente que pasa. Ás veces, vou fixándome nas facianas das persoas, cada unha coas súas inquedanzas: unas sorrín, outras baixan a cabeza, algunhas van tristes e a grande maioría vai correndo, coma fago eu, sen disfrutar da vida, da creación, do arte, das mesmas persoas que pasan, os nosos irmáns.

Oración
Señor, dame a paz e a paciencia coa miña familia, que sexa cada día ombro que escoita e mans que dan forza
Señor, dame a paz no meu traballo, que entregue a miña vida á túa misión, á misión que me encomendas cada día: ser comunicación, ofrecer a imaxe da Igrexa, dar voz…
Señor, dame a paz coa miña comunidade, que acepte a cada un tal como é, que vexa a cada un coma un irmán en Cristo
Señor, axúdanos a non ter medo, a non escondernos.
Señor, que sexamos paz, sen medo, sen conflitos, sen descalificar ó outro, sen xulgar
Señor, pídoche polos xóvenes que durmen na avenida de Xoán XXIII, pídoche forza para achegarme a eles, para recoñecerte neles
Gracias, Señor, por tantas persoas que na miña vida me regalan a túa paz, co seu testemuño, coas súas verbas, coas súas miradas
Gracias, Señor, polas apertas dos meus amigos, por sentir na súa amizade o teu abrazo de paz
Gracias, Señor, polas persoas que entregan sen medo as súas vidas pola paz

Tomade, Señor, e recibide
toda a miña liberdade
a miña memoria, o meu entendemento
e toda miña vontade
todo o meu haber e o meu poseer
vos mo deches
a vos, Señor, volve
todo é voso
dispoñede a toda vosa vontade
dádeme o voso amor e graza
que esta me basta.
Unha aperta,
Silvia Rozas

También te puede interesar

Deja un comentario