Pascua Xoven Arousa 2017

Os
días 21, 22 e 23 de abril celebrouse en Vilagarcía a xa 44 edición da Pascua Xoven
de Arousa que nesta ocasión versou sobre as redes sociais baixo o slogan: E ti de quen vés sendo…?

Foi
unha fin de semana intensa e completa que ademais acompañou o sol polo que se
puideron poñer as tiendas de campaña e gañou  a xuntanza en todas as
dimensións.
Destacamos
este detalle porque casi sempre a auga se fai presente entre nós o que desloce
a calidade e a cantidade da convivencia.
O
sábado como de costume é a xornada de portas abertas para que antigos
pascueiros, e mozos e non tan mozos que non nos coñezan, poidan ter esa
oportunidade e asi participar nun dos momentos claves como é o Testimuño da
tarde que nesta edición o protagonizaron o cantautor Luis Guitarra e a
contacontos Carmen Sara.
Gustaron
moito e tocaron o corazonciño  de todos.
Oxalá
que se nos note máis alá destes días porque entre todos temos que ser sal e luz
para este mundo no que temos que ser cristiáns de corpo e alma, misericordiosos
e compasivos, ecóloxicos e austeros, alegres e serviciais. Oxalá!
Como
sempre a eucaristia desa noite foi moi concurrida polos pascueiros de hoxe e
antano. Concelebraron seis curas e rematou ás 2.30h da madrugada. 
Agora
toca avaliar e mirar xa para a vindeira edición. O vindeiro 13 de maio teremos
a reunión de avaliación e compromiso na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira
de Vilagarcia. 
Non faltes!

También te puede interesar