Pascua Xoven Arousa 2016

Os días 8, 9 e 10 de abril deste 2016 celebrouse en Vilagarcía de Arousa a Pascua Xoven na súa xa 43 edición.

Este
ano, baixo o lema “A persoa é o primeiro”,  traballaron as 14 obras de
misericordia, en sintonía co ano da misericordia, e profundizaron nos
temas actuais: guerras, inxustizas socias e todo o fenómeno grave dos
refuxiados.
Cun
estilo alegre, xuvenil e cheo de esperanza, apostamos por unha sociedade
inclusiva e solidaria, onde a experiencia relixiosa nos convoca a
acoller aos demais porque todos somos irmáns.
O momento culme chegou co Testemuño que deu Brotes de Olivo, e a eucaristía que rematou ás 2:30h. da madrugada do sábado.
Esta eucaristía foi concelebrada por 8 curas, un deles de Portugal, que participou con 50 mozos da diocese de Santarem.
Felices pascuas dende Arousa!

También te puede interesar