Hai 13 anos, en 1997, xurdía, na Parroquia de San Francisco Xabier, o Grupo Scout Stoas co fin de mellorar a situación social dos nenos e mozos do barrio. Agora en 2010 o grupo segue traballando nisto e tivo ademais o pracer de organizar “O San Xurxo”. Éste é un evento no que tódolos scouts de Galicia reúnense para celebrar o seu patrón, para coñecerse, compartir experiencias e para celebrar que teñen un proxecto educativo en común, uns obxectivos comúns. A axuda aos demais, formar personas críticas coa sociedade e capaces de analizala, deixar as cousas mellor do que as atoparon ou construir un mundo mellor son algúns dos principios que nacen no interior de nenos, mozos e responsables scouts. Así os pasados 23, 24 e 25 de abril, 220 scouts transformáronse en piratas para compartir experiencias, vivir en comunidade a súa fe e por su posto pasar un divertido fin de semana coa pretensión de atopar Libertalia, o paraíso pirata. O día 23, á tardiña, foron chegando ao gran navío, o Centro Social da Sagrada Familia, os diferentes grupos procedentes de toda Galicia. Cearon todos xuntos e realizaron un acto de inauguración. O día 24 os rapaces, divididos en 4 grupos por idades, comezaron a procura de Libertalia. Os lobecos (8 a 10 anos) realizaron distintas probas pola Cidade Vella para atopar o mapa do tesouro. Tras isto comeron na Praza de María Pita e pola tarde fixeron, na praia, distintos xogos e unha gymkhana na que a diversión estivo asegurada. Finalmente, desenterraron os tesouros agochados na praia coas súas propias mans. Os rangers (11 a 13 anos) tiveron que superar moitas probas para acadar Libertalia. Pola mañá estiveron a realizalas pola zona de Paseo das Pontes. Comeron nos Xardíns de Méndez Nuñez e pola tarde o xogo trasladouse a zona Vella da cidade.
Os pioneiros (14 a 16 anos) o tiveron máis difícil para acadar o obxectivo, tiveron que camiñar moito e superar probas como o tiro con arco ou encher unha botella de auga cunha esponxa. Os rotas (17 a 19 anos) foron levados cos ollos vendados ata distintos puntos das aforas da cidade para que dende alí chegaran ata o Parque de San Pedro, onde disfrutaron da comida. Despois pola tarde realizaron unha actividade de buceo na piscina de Rialta. Para rematar o día, as catro unidades xuntáronse nun velada ambientada nunha taberna pirata, na que destacaron os xogos populares e a ledicia por atopar Libertalia, que eran eles mesmos. Libertalia era unha forma de vida, Libertalia era o espírito scout que estaba neles. Xa para clausurar o evento, o día 25, celebrouse unha eucaristía na Parroquia de San Francisco Xabier, que contou coa presencia de Javier Porro, Delegado de Pastoral Xuvenil da Arquidiócese de Santiago e Manuel Couceiro Cachaldora, Consiliario Xeral de Scouts de Galicia. Sen dúbida nesta eucaristía destacou a música, xa que Marita e o equipo de Pastoral Xuvenil axudaron aos scouts a facer unha verdadeira orquesta e conseguiron que os cantos transmitisen a ledicia dun fin de semana cheo de diversión e en comunidade.. Tras comer, os grupos despedíronse para volver a súa actividade semanal normal nas súas parroquias e agardando a celebración do San Xurxo 2010 a cargo do Grupo Scout Berbés de Vigo.
www.scoutsgalicia.org