Urca 2008 UN ENCONTRO ANALIZARÁ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O TRABALLO POLA INTEGRACIÓN, A RELACIÓN CIENCIA-RELIXIÓN OU INICIATIVAS SOLIDARIAS
O traballo para a integración en colaboración co Secretariado Xitano, a acollida de inmigrantes, as novas iniciativas de Comercio Xusto ou a Educación para a Paz son algúns dos temas a debate os días 19,20 e 21 de setembro en URCA.
Luis Guitarra presentará o videoclip do seu tema ”Desaprender” un DVD con contidos didácticos de Educación para a Paz, coincidindo co Día Internacional da Paz (21 de setembro)
Juanjo Melero, o que fora guitarrista de Sangre Azul, Def Con Dos, La Cabra Mecanica; Santafe e Universo Violento entre outros, preséntanos o seu primeiro traballo en solitario “Filosofía Doméstica”.
Santiago de Compostela, Monte do Gozo, 19, 20 e 21 de setembro
Urca, esa grande barca, que levaba de todo dun lado a outro do mar, énchese de novo de persoas cunha realidade común: Galiza vista a través dos ollos dos seus tripulantes, o mundo a través das distintas realidades que se moven nel, e que se fan presentes desde a expresión e a solidariedade neste encontro que nos convida a compartilas. Este encontro, organizado pola asociación URCA e que conta coa colaboración da Delegación Diocesana de Pastoral de Xuventude, celébrase anualmente dende 1992.
No programa deste ano poderánse atopar:
OBRADOIROS: Guitarra e Composición (Juanjo Melero), Maquillaxe creativa (José León), DESAPRENDER, Educando para a Paz (Luís Guitarra), Facendo fotos e Facendo vídeos de Urca
SEMINARIOS: Traballando pola integración (Secretariado Xitano e Luís Seoane), Acollida de Inmigrantes en Galicia; Teranga – Ourense
MESAS REDONDAS: Ciencia e relixión (Coordina: Ignacio García Jurado), Novas iniciativas de Comercio Xusto (Coordina: Panxea – Gonzalo Gesto)
ACTUACIÓNS:
Xesucristo Superstar (GRUPO DE DANZA DE CULLEREDO)
Un achegamento a este clásico a través da danza.
Presentación do Videoclip Desaprender (LUÍS GUITARRA)
O domingo 21 de setembro “Día internacional da Paz” según a ONU, estrearase na web luisguitarra.com o videoclip da canción “Desaprender la guerra” que acaba de publicarse en formato DVD-ROM, e que inclúe unha Guía de Visualización e unha Guía Didáctica con actividades e propostas educativas, xunto con outros contidos extras (partitura e acordes, fotos da grabación, traduccións, etc.).
Unha vez máis contamos en Urca co pracer de facernos eco do traballo de Luis Guitarra, e contaremos coa presentación do videoclip o sábado 20 e coa realización dun obradoiro sobre a súa proposta de traballo en torno á paz e a nonviolencia.
O videoclip –realizado e dirixido por David de la Morena–, ten moita forza e unha grande beleza plástica que recrea e revaloriza unha das cancións máis emblemáticas do cantautor Luis Guitarra.
O DVD (que se distribuirá baixo a modalidade “de prezo libre” destinando os posibles ingresos aos proxectos e actividades da organización COMO TÚ, COMO YO) inclúe tamén outro vídeo cunha entrevista na que Luis Guitarra explica cómo xurdiu a canción e cómo foi o proceso da grabación do DVD. Para que poida ser mellor difundido e utilizado noutras asociacións, colexios, encontros con mocidade, etc. a letra está traducida a máis de 20 idiomas e o videoclip pódese visionar subtitulado en: chino, inglés, francés, italiano, alemán, portugués e ruso.
EXPOSICIÓNS:
JOSE CAO, Escultura
QUIQUE LATORRE, Fotografía – Ficciones
CONCERTOS.
Contaremos con grupos e cantantes locais: Emision, Miguel (Combarro), Germán (P do Caramiñal), dende fora estarán en Urca
Emilia Arija, Ciento ochenta grados e Juanjo Melero
10 comentarios
Pasadlo bieen! 😀
Ays, pedazo programa tiene Urca este año!!!
Os acompañaré en espíritu, eh? Contad con mi oración para que todo salga como Dios quiera, y dé mucho mucho fruto.
Saludos desde Roma
Ana G
No m lo pienso perder estare alli presente.
Saludos a los de La Gafa os recuerdo siempre…besos pa INMA,FANY,MANU,IVAN,MARIA,MERY,LIDIA,ANDREA,BRENDA,SERGIO,DIEGO,JAVIER GARCIA,BERTO,ADRI,MARITA,PABLO…y wno a todos aunk no m acuerde d mas nombres lo siento…JEJE
OS KIEROOOO
muaks
nosotros a ti tb Marita 😀
Yo también estaré allí.
Nos vemos en el reparto de habitaciones
Besotes
Inma sé buena, que nos repartan bien jajaja
nos vemos en urcaaaaaaaaaaaa la gafa una pasada. m lo pase genial y conoci a mogollon de gente.
oOh JESUCRISTO!!!!!!!!!!!!
BSOS
y llego el dia!!!!!! pasadlo genial!!! ya contareis 🙂
q tal en URCA???? un pajarito ya me dijo q impresionante el video de Luis G…. un beso a tod@s!! espero ir el proximo año!!
la del comentario anonimo fui yo! no sé porqué me falla esto! 🙁
contadnos urcanianos!!!!! 😀