Os días 21, 22 e 23 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as IX Xornadas de Fe-Cultura.
Os ponentes deste ano son:
– Mércores 21: D. Francisco Buide del Real, Crego e Doutor en Historia da Igrexa.
En que cremos os cristiáns? A fe muda ou é sempre a mesma?
– Xoves 22: D. Alfonso Novo Cid-Fuentes, Crego e Doutor en Teoloxía.
Razóns para crer: Cremos no Deus da Xesucristo: Que anunciou? Cal foi o seu “programa”?
– Venres 23: D. Javier García Rodríguez, Crego e Delegado da Pastoral Xuvenil da Diocese.
Fe e mocidade: Convivencia feliz ou imposible? O fenómeno da JMJ na vida dos xoves.
Ninguén pode dar o que non ten. Pero dicía a santa Teresa de Ávila que quen ten a Deus, nada lle falta.
De que falamos cando falamos de Fe? A quen hai que crer? De quen me podo fiar? É a Fe unha preferente opción nestes tempos para os cristiáns?
De todo isto e nada menos, queremos reflexionar e debater nestas xornadas, sabéndonos sempre en busca e como gusta dicir a este Papa, Benedicto XVI : “a fe proponse, nunca se impón”.
Este é o noso caderno de Bitácora.
Ven e verás!