Nesta reunión onde mellor o pasei foi nos xogos organizados xa que foron divertidos e amenos, para min un pouco curtos xa que non nos dou tempo a xogar en todos.
A camiñata foi un pouco dura porque foi toda costa arriba, as vistas que se vian dende ahí arriba eran moi bonitas xa que se vían algúns pobos. A capela de San Bartolo de Salto deume bastante pena porque estaba abandoada, pero valeu a pena subir ata alí arriba.
A misa do final chamoume a atención xa que eu nunca vira unha misa na que se tocaran campaiñas, ao chegar á casa miña avoa díxome que así era como se facían antes e fíxose máis amena coas cancións que tocaban.