Manos Unidas convídache a participar dunha experiencia onde poderás debater sobre os principais retos sociais e ambientais aos que se enfronta o planeta. Un espazo onde poderás formarte sobre as novas necesidades do voluntariado, a Axenda 2030 das Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Cun programa de actividades vivenciais e formativas deseñadas para mellorar a nosa comprensión da
problemática mundial, participativo e que pretende fomentar o debate entre os participantes.
A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas
instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 6 ao 9 de agosto.
O campamento ten un prezo de 30 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 6 á comida do día 9, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.
As persoas participantes terán que levar unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e apropiado para actividades de tempo libre.
As actividades realizaranse nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña).
Se queres ler o programa tes acceso ao tríptico aquí.
Inscrición:
Para realizar o proceso de inscrición, rogámosche que enchas o formulario que poderás atopar pinchando aquí.
O proceso de inscrición finaliza o 25 de xullo.
As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición.
Concepto: Campamento e o teu nome completo
Conta Bancaria:
Titular: Mans Unidas
ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605
Se necesitas máis información, ponte en contacto connosco a través de:
educación.galicia@manosunidas.org