¡Estamos de aniversario! – Pascua Xoven 2023

por Depasxuventude

Benquerido irmán:

Poucas actividades temos que teñan tan longo percorrido. A Pascua Xoven de Arousa cómpre 50 anos. É a iniciativa máis lonxeva da pastoral xuvenil do Estado español, por iso temos que celebralo por todo o alto.
Para nós é un motivo de orgullo que nun tempo tan difícil coma o noso: líquido, sen grandes compromisos, a nosa Pascua celebre as súas vodas de ouro.
Co gallo de tal festa queremos convidarvos a participar. Cómo facelo?
Por una banda podedes participar toda a fin de semana cun grupo de mozos, que previamente traballe as fases que se facilitan dende o secretariado da Pascua.
E por outra banda anunciámovos que o sábado pola tarde poderán unirse todos os mozos que queiran a partir das 16h.
Comezará cos faladoiros, a continuación a testemuña (este ano tan especial teremos convidados especiais), a cea para repoñer forzas, a festa do perdón e finalmente a gran Vixilia Eucarística que esperamos poida presidir o noso arcebispo.
En ámbolos dous casos, se estades interesados en participar ou queredes mais información, poñédevos en contacto con D. Manuel C. Cachaldora, párroco da Nosa Señora da Xunqueira: mccachaldora@gmail.com e na web www.axunqueira.com

Unha forte aperta. Esperámoste

Manuel C. Cachaladora (Párroco N.S. Xunqueira) e Javier García (Delegado Pastoral Xuvenil)

También te puede interesar

Este sitio utiliza cookies de Google para prestar sus servicios y para analizar su tráfico. Tu dirección IP y user-agent se comparten con Google, junto con las métricas de rendimiento y de seguridad, para garantizar la calidad del servicio, generar estadísticas de uso y detectar y solucionar abusos. Aceptar Más información

Privacy & Cookies Policy