Encontro de animadores da Fe scouts

por

Os grupos e
asociacións do Movemento Scout Católico contan con consiliarios nos seus
equipos que guían a estes polo camiño da Fe. Para formar a esta figura tan
importante no movemento scout católico, MSC organiza un encontro para
consiliarios scouts e para relixiosos interesados en coñecer o escutismo.
Estas xornadas terán
como obxectivo descubrir o escutismo como obxecto de evanxelización, descubrir
o grupo scout como axente de pastoral e explicar que pode dar, pedir e en que
pode axudar un consiliario a un grupo scout.
O encontro
realizarase dende o xoves 28 de febreiro ata o sábado 2 de marzo no Centro
Medioambiental Naturalcalá en Alcalá de Henares.
Ofértanse un
total de 20 prazas para este encontro, no que poderán participar consiliarios
scouts, sacerdotes, relixiosos e relixiosas interesados en coñecer o movemento
scout e outros axentes de pastoral.
O prazo de
inscrición remata o 18 de febreiro e o custe da actividade será de 35€ se a
inscrición se realiza antes do 11 de febreiro e 50€ se se realiza despois. Para
inscribirse, hai que entrar en http://xurl.esencuentro2013 ou chamar ó 93 292 53 77.

También te puede interesar

Deja un comentario