Encontro con Carmen Avendaño: Unha vida loitando contra as drogas

por Depasxuventude

Baixo o título Unha vida loitando contra as drogas, e no contexto da Escola de Familias do Seminario Menor, este venres, ás 16:00 horas terá lugar un interesante encontro con Dª. Carmen Avendaño aberto a todos aqueles que queiran participar.
Pioneira na loita integral contra o narcotráfico a través de distintas campañas de denuncia e sensibilización, o seu compromiso abarca non só a loita directa senón, sobre todo, a rehabilitación e reinserción a través de distintas asociacións promovidas por ela; a Fundación Érguete, a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ao Drogodependente son froito do seu compromiso.
Conscientes da preocupación que sentimos no seo de tódalas familias cara esta realidade, invitamos a cantos queiran a facerse presentes neste encontro. Terá lugar ás 16:00 horas do venres 8 no salón de actos do Seminario de Belvís.

También te puede interesar