Concurso: Preséntoche a MARÍA NAI

por Depasxuventude

Como non podía ser doutra maneira, o mes de maio e o mes de María e para honrala faremos este concurso, presta atención alumno de 1º e 2º de primaria:


EXPOSICIÓN NA HONRA DA VIRXE MARÍA NO MES DE MAIO


CERTAME PRESÉNTOCHE A MARÍA,


Deberás resaltar o papel de María como nai.
Os materiais dos traballos poden ser achegados polos alumnos se fose necesario.


Estas son a bases do concurso, para te poder presentar: 


Preséntoche a María Nai.


1º Poderán participar os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria. O traballo poderá ser individual ou en grupo.
O colexio escollerá os 10 mellores traballos do centro.


2º Os traballos poden ser: láminas de diferentes materiais, esculturas de barro, plástico ou material de refugallo. As dimensións non deberán exceder: 30 x 30 x 30 cm. Deberá ser elaborado no Colexio.


O prazo de presentación dos traballos dos Centros rematará o luns, 2 de maio.


4º De entre todos os traballos presentados, escollerase un que será reproducido e obsequiado a todos os participantes.
Premiarase a creatividade, a orixinalidade e a calidade artística.


A exposición permanecerá na sede de Escolas Católicas, Rúa Sta. Clara 23, durante o mes de maio. Os Centros poderán concertar as visitas, por clase, no teléfono 981 5813 22.

También te puede interesar