Campo de trabajo – ACG

por obradoiros

Boas tardes !

Son Paula, responsable de moz@s da Acción Católica da Diocese de Ourense. Desde a ACX da nosa Diocese estamos organizando un Campo de traballo nunha residencia de discapacitados psíquicos que levan as Irmás da Caridade de Mondoedo. Este sería o noso terceiro ano que imos e, esta vez, decidimos abrir este campo a todas aquelas persoas que estean interesadas en vivir esta experiencia. 

¿En que consiste este campo de traballo?  
Simplemente imos durante unha semana e compartimos o día a día cos residentes alí e, aproveitando a nosa estancia alí, aproveitan para que todos poidan ir ata a praia ou desenvolver máis excursións para eles; pois é máis sinxelo xa que somos máis persoas responsables para o seu coidado. Estes anos atrás, estabamos indo a axudarlles a dárllelo almorzo, compartiamos as actividades que facían pola manás como manualidades, informática, praia… e as tardes serían libres; pero normalmente organizamolles actividades para cambiar a súa rutina ou imos de excursión con eles. 
As monxas ofrécennos unha casa e a manutención da nosa estancia nunha casa aparte a 5 minutos a pé da propia residencia, asíque solo habería que levalos útiles de vida.

 

También te puede interesar

Deja un comentario