A XLVIII Pascua Xoven Arousa xa está aquí!

 

Esta fin de semana, 16, 17 e 18 de abril, celebraremos a 48º edición da Pascua Xoven Arousa.

Tema: A nosa interioridade.

Slogan: RESET

 

Esta edición terá cambios como é obvio, dada a situación de pandemia que estamos a vivir. Este ano só teremos un día de Xuntanza e con moitas restricións.

O sábado 17 de abril, chegaremos sobre as 11h e será una miniconvivencia dunha xornada onde unha mínima representación de 35 a 50 pascueiros participará dun ambiente de traballo, xogo, ambientación e coma sempre, boa música.

Cada participante está identificado cunha pegata e terá un pequeño kit anticovid persoal (máscara, xel hidroalcohólico…) ademais, tomarase a temperatura antes de entrar no recinto.

Será todo moi distinto ao non poder estar como en xornadas anteriores os 300 mozos, pero este ano temos que priorizar a saúde de todos e facer as cousas con máis con responsabilidade e sentidiño que nunca.

Antes da Eucaristía (19:30h.), que este ano será no Colexio das Filipenses como todas as restantes actividades, teremos o testemuño (16h.) que levará a cabo unha representación de Brotes de Olivo, grupo e familia musical de prestixio e renome en todos os ámbitos cristiáns do Estado, e moi coñecidos e valorados no panorama musical e nas ONGs e movimentos de acción social.

Sempre a Testemuña e, mais neste ano con estes afamados artistas, é un momento de “portas abertas”, pero as normas sanitarias e os aforos limitados, nos obrigan a coidar a saúde de todos, a ser moi esixentes e responsables.

Se alguén quere acudir, que se poña en contacto con nós.

Este ano é un pouco raro e distinto como xa sabemos todos. Ben que o saben os que se dedican á música e ao mundo da cultura en xeral!

Grazas pola súa colaboración. Desculpen as molestias.

RESPONSABILIDADE, SENTIDO COMÚN, POR TI, POR TODOS

También te puede interesar