A XLV Pascua Xoven de Arousa xa ten cartel!

O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo quinta edición que se celebrará co colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa os días 13, 14 e 15 de abril de 2018.

Este curso 2017-18  é moi especial para todos os pascueiros porque chegamos á edición número 45.
Eliximos nesta ocasión como tema a Música, co lema “ESCÓITAME”. O Secretariado, formado por todos os Responsables dos Grupos da nosa diocese, pon en valor con esta elección, un dos sinais da nosa identidade e acción pastoral.
Que sería da Pascua Xoven sen a música? Música rebelde, música de protesta, música alternativa, música litúrxica, música de compromiso e o máis importante: Que sería de nós sen a mensaxe de Xesús? A auténtica música para os nosas vidas e proxectos.
Bo traballo coas Fases e a escoitar boa música. ESCÓITAME!

Ven e disfrutarás!

También te puede interesar

Este sitio utiliza cookies de Google para prestar sus servicios y para analizar su tráfico. Tu dirección IP y user-agent se comparten con Google, junto con las métricas de rendimiento y de seguridad, para garantizar la calidad del servicio, generar estadísticas de uso y detectar y solucionar abusos. Aceptar Más información

Privacy & Cookies Policy