22 de Decembro: celebración da entrega da luz da paz de Belén en Santiago

por Depasxuventude
A luz  da Paz e Belén é unha iniciativa de Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de Scouts de diferentes países de Europa e outros continentes, reparten a Luz da Paz, a cal se acende cada ano por un neno ou nena austríaco na cova onde naceu Xesús en Belén.
A Luz da Paz de Belén chegará o domingo 16 de decembro a Guadalaxara, onde un grupo de xóvenes dos diversos grupos scouts que existen en Galicia, irá a buscala para traela á nosa terra.
A celebración, baixo o lema “Exista la luz”, terá lugar o día 22 de decembro ás 13.00 horas na Igrexa Conventual de San Francisco (Santiago de Compostela), e está organizada pola federeción de Scouts de Galicia.

Dende a Delegación de Catequese de Santiago invita a todas as familias, párrocos, catequistas, e a quen poida estar interesado, a participar neste encontro, e a recoller a luz para despóis levala ás súas comunidades, fogares e ás institucións caritativas do seu entorno.
Ademáis, se anima a aproveitar a ocasión para pasar unha xornada de nadal en familia en Santiago. ¿Para qué? Para visitar os preciosos beléns que hai expostos no centro de Santiago, ou disfrutando das ofertas de ocio das que dispón a cidade (casetas de nadal, pistas de patinaxe sobre xeo,…).
Están tamén invitados a participar ós colexios! Neste caso, a Luz da paz de belén poderase recoller na parroquia de Santa María de Figueiras con previo aviso (Contacto: José María Santos Rodríguez, Delegado Diocesano de escutismo; Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela; Número: 679 256 405; mail: adesantiago@scoutsgalicia.org).
Entrada original en la web de Catequesis Galicia (http://www.catequesisdegalicia.com/22-de-diciembre-celebracion-da-entrega-da-luz-da-paz-de-belen-en-santiago)

También te puede interesar